mércores, 3 de febreiro de 2016

TRABALLO GAÑADOR DO CONCURSO DE RELATOS DE MEDO

            O 31 de outubro do 1950 Casimiro iba de volta á casa co sacho despois de botar a auga nos campos. Ía asubiando a melodía da "Rianxeira" cando o sorprendeu un cheiro a cera no aire e un ruído de campás. Foise aproximando ó son para intentar averiguar  quen era, pero viu un resplandor entre as árbores e agochouse detrás duns fentos. deuse conta de que era a Santa compaña, e sobresaltado empezou a debuxar un círculo no chan e dun brinco meteuse dentro. Ainda así, cada vez estaba máis perto, entón intetentou facer unha cruz con dous paus cruzados, pero a Santa Compaña non se detía  e cada vez aproximabase máis a el. Desesperado, botou a correr polo monte cara a un camiño, deixando o sacho esquecido coas présas. Cando estivo a unha distancia prudencial, os membros da "Santa Compaña" quitáronse as túnicas e botáronse a rir. Eran Xoan, Xosé, Silvino e Pedro, os rapaces da aldea.

                                                            MIRIAM GÓMEZ CALVO  2º B