luns, 30 de xuño de 2014

20 de xuño: EXCURSIÓN CELANOVA - OURENSE

                                              A Virxe do Cristal
Vilanova dos Infantes
Castromao
Biblioteca do IES
Mosteiro
Capela de San Miguel
Termas de Outariz
Praza maior de Ourense
Museo Marcos Valcarcel. Exposición " Brumas e sombras"

xoves, 22 de maio de 2014

Sons do Umia ( V Festa da Lingua)

A Coordinadora Comarcal Terras do Umia, integrada polos Equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos de Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas celebrou no mes de maio  Festa da lingua en Portas  Nesta actividade, na que  participaron alumnos/as de todos os centros educativos tiveron lugar as seguintas actividades:
  1. Entrega dos premios comarcais do V Concurso de Microrrelatos e Micropoemas Terras do Umia.
  2. Entrega do  premio"Lingumia"  que se lle concede cada ano a unha entidade da comarca que se destaque polo uso do galego. O galardón foi para a Bodega Moraima de Barro
  3. Realización do concurso " Sons do Umia" no que participou un grupo do IES de Barro. AQUÍ PODEMOS VER A SÚA ACTUACIÓN: 

martes, 18 de marzo de 2014

Microrelatos e micropoemas selecciondos para o concurso Terras de Umia


Estes son os microrelatos e micropoemas seleccionados para o VI concurso  convocado pola coordinadora comarcal terras do Umia:

Microrelato:


Penumbras
Pensamentos que me desconcertan ate chegar a un punto onde o que teño como real é confundido co imaxinario. Momentos onde os seres máis monstruosos que consigo crear chegan a facerse tan verdadeiros … Intres nos que o pánico inunda cada recunchiño do meu ser, ata o máis profundo. Sensacións que te fan estremecer e pór a pel de galiña. Os pesadelos terroríficos contra os agarimos dos soños máis doces. Noites onde a loucura me adormece e todo perde a razón. Delirios arrepiantes dunha vella no seu leito de morte. Un calafrío que recorre o meu corpo.

Andrea  4º A


Unha morte irrelevante.
Nunha longa e húmida noite de finais de inverno, el, atopábase perdido nun souto, sabendo que ía morrer. Pouco tempo lle quedaba antes de que saíra o sol, pero era inevitable. Tras uns días, atopouno morto un leñador, del só quedaba o seu sombreiro, os seus botóns, e o seu nariz de cenoria.

Mateo


Micropoemas

Polos brillos do teu corpo .
Polos contrastes do teu pelo.
Polas sombras do teu ser.
Polo ollar desenfocado nunha noite de inverno.

Uxía


Tristura

Arrebatadoras ganas da noite,
de poder desenchufar a lúa,
chorar así ás escuras e, mentres,
asulagar as estrelas de tristura.

Sara S.