xoves, 17 de outubro de 2013

CONCURSO TI QUE VÉS SENDO




Concurso organizado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Barro.

Bases:

  • Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES de Barro de calquera curso.
  • Ao comezo de cada semana faremos pública a imaxe dun obxecto que teredes que nomear en galego.
  • No taboleiro de normalización poremos a imaxe e unha urna na que poderedes depositar unha papeleta co voso nome, curso e palabra escrita correctamente. Haberá papeletas ao carón da urna.
  • O que acerte máis palabras serán premiados durante a celebración das letras galegas.

OBXECTO PARA A SEMANA  DO 14 AO 18 DE OUTUBRO


Árbore da familia das cupulíferas (Quercus suber), de folla perenne e madeira dura á que se lle tira a casca, chamada cortiza, que se emprega para diversos usos industriais
CORTICEIRA,CORTICEIRO
SOBREIRA 
 CORTIZA, CORTIZO,


OBXECTO PARA A SEMANA  DO 21 AO 25 DE OUTUBRO





Árbore da familia das betuláceas (Betula pubescens) de mediana altura, follas pequenas co bordo dentado e rematadas en pico, cortiza branca ou prateada e copa irregular, que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas das rexións de clima frío ou temperado

BIDUEIRO Para todas as acepcións Sinónimo albelo, Formas menos recomendables:bedugobedulobídalobidobudio



OBXECTO PARA AS SEMANAS  DO 28 DE OUTUBRO AO 8 DE NOVEMBRO


Árbore da familia das xuglandáceas (Juglans regia), de grande altura e madeira moi apreciada, que ten por froito a noz


NOGUEIRA

SEMANA  DO 13  AO 22 DE NOVEMBRO



Xoguete que consiste nunha peza de madeira de forma cónica, rematada nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar por medio dun cordel