martes, 16 de maio de 2023

OBRADOIRO COA SOPRANO ESPERANZA MARA




         Co gallo do premio obtido no concurso "Cambiemos o conto" por Aroa Vicente López co seu relato "o terror de todo asasino", a Deputación agasallou ao IES de Barro cun obradoiro a cargo da artista Esperanza Mara. 
         



A actividade, que se desenvolveu o  de abril, na biblioteca do centro centrouse nunha reflexión lúdica sobre aspectos machistas presentes en letras de cancións que triunfan entre a mocidade e que o noso alumnado soubo denunciar con especial sensibilidade nos seus relatos. 

xoves, 13 de abril de 2023

 VIDEOMARATÓN

O venres 31 de marzo, día da entrega de notas, fixemos un concurso de video. O alumnado tivo dúas sesións de clase para gravar e editar un video e presentalo ao concurso. 
A única premisa é que no video aparacera a frase "Outra vaca no millo"

Estes foron os video premiados.

1º Premio 
                https://youtu.be/HHSLVald61A


2º Premio
              https://youtu.be/hhUCwEw7jRk


3º Premio. Dous videos acadaron o 3º premio "in exaequo"

                https://youtu.be/ZIp6z7y5LsU   

               https://youtu.be/vdHsDXN6D-M